martes, 23 de agosto de 2011

PEXEGOS EN XAROPE

  PEXEGOS EN ALMÍBAR

 Este ano hai moitos pexegos e pensamos que sería unha boa idea metelos en xarope.  E dito e feito.  O meu marido adicouse a pelalos e sacarlles o óso.  Eu estiven preparando o xarope.  Embotamos e esterilizamos a "baño maría".  E ahí están esperando e dicindo:  cómeme!


3 kilos de pexegos
Un litro de auga
500 gramos de azucre
Zume dun limón.


  Poñemos nun cazo a auga xunto co azucre.  Poñemos no lume e imos remexendo ata que empece a ferver.  Nese momento engadimos o zume de limón e deixamos que ferva un par de minutos.  Ao mesmo tempo xa están pelados e cortados os pexegos.  Metémolos nos botes o máis apretados posible (aínda así ao esterilizar quedarán ocos como podedes ver na foto) e botamos o xarope.  Tapamos os botes e esterilizamos a "baño maría".  É recomendable poñer un pano no fondo da pota e tamén envolver en panos os botes para que non rompan ao chocar entre eles cando fervan.  Deixar que fervan uns 40 minutos e esperar a que arrefíen na pota antes de sacalos.
  Antes de encher os botes de froita hai que estirilizar tamén os botes.  Eu laveinos no lavalouzas e despois metinos ( cando aínda estaban mollados) 2 minutos no microondas.  É preciso ferver as tapas 4 ou 5 minutos.



  Este año hay muchos pexegos y pensamos que sería una buena idea meterlos en almíbar.   Y dicho y hecho.  Mi marido se dedicó a pelarlos y a sacarles el hueso.  Yo preparé el almíbar.  Embotamos y esterilizamos a "baño maría".  Y ahí están esperando y diciendo:  ¡cómeme!

3 kilos de pexegos
Un litro de agua.
500 gramos de azúcar.
Zumo de un limón.

Ponemos en un cazo el agua y el azúcar. Ponemos en el fuego y vamos revolviendo hasta que empiece a hervir. En ese momento añadimos el zumo de limón y dejamos hervir un par de minutos. Al mismo tiempo ya están pelados y cortados los pexegos. Los metemos en los botes lo mas apretados posible (aún así al esterilizar quedarán huecos como podéis ver en la foto) y echamos el almíbar. Tapamos los botes y esterilizamos a "baño maría". Es recomendable poner un paño en el fondo da olla e también envolver en paños los botes para que non rompan al chocar entre ellos cuando hiervan. Dejar hervir unos 40 minutos y esperar a que enfríen en la olla antes de sacarlos.

Antes de llenar los botes de fruta hay que esterilizar también los botes. Yo los lavé en el lavavajillas y después los metí (cuando aún estaban mojados) 2 minutos en el microondas. Es necesario hervir las tapas 4 o 5 minutos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario