jueves, 22 de marzo de 2012

CARNE GUISADA

    CARNE GUISADA

Esta receita  dedícolla á miña filla maior.  É un prato que lle gusta moito e estou segura de que será unha das primeiras cousas que cociñará cando se independice.  De feito foi ela a que me insistiu para que incluíra esta receita no meu blogue.  Non deixa de ser un prato moi sinxelo que todos cociñamos dándolle o noso toque especial.

·        ½ kg de agulla de tenreira
·        1 cebola
·        1 tomate
·        1 cullerada ben chea de adobo
·        ½ pemento morrón vermello
·        100 g de cenorias
·        100 g de chícharos
·        Aceite de oliva

O primeiro que temos que facer é picar a carne en anacos pequenos e adobalos.  Podemos deixar a carne adobada unha media hora antes de cociñala para que colla sabor.  Poñemos despois unha tarteira no lume e cubrimos o fondo cun bo chorro de aceite de oliva.  Cando o aceite estea ben quente douramos a carne.  Unha vez dourada baixamos un pouco o lume e botamos, a medida que remexemos cunha culler de madeira, a cebola, o pemento, o tomate e a cenoria ben picados.  Engadimos tamén os chícharos e deixamos cocer durante unha hora.

    Podemos acompañala con pasta, arroz ou patacas fritas.  Calquera destas cousas nos gustará, pero no esquezades o pan se vos gusta sopear. 

    A nós gústanos moito con pasta, pero non con pasta cociñada aparte e incorporada á carne.  Preferimos engadir caldo ou auga ó guiso e, cando estea fervendo, a pasta.  A carne quedará moi tenra e a pasta collerá o sabor do guiso.  Podemos darlle un pouco de cor con azafrán.







Esta receta se la dedico a mi hija mayor.  Es un plato que le gusta mucho y estoy segura de que será una de las primeras cosas que cocinará cuando se independice.  De hecho fue ella la que me insistió para que incluyera esta receta en mi blog.  No deja de ser un plato muy sencillo que todos cocinamos dándole nuestro toque especial.

·        ½ kg de aguja de ternera
·        1 cebolla
·        1 tomate
·        1 cucharada bien llena de adobo
·        ½ pimiento morrón rojo
·        100 g de zanahorias
·        100 g de guisantes
·        Aceite de oliva

Primero tenemos que picar la carne en trozos pequeños y adobarlos.  Podemos dejar la carne adobada una media hora antes de cocinarla para que coja sabor.  Ponemos después una tartera en el fuego y cubrimos el fondo con un buen chorro de aceite de oliva.  Cuando el aceite esté bien caliente doramos la carne.  Una vez dorado bajamos un poco el fuego y echamos, a medida que revolvemos con una cuchara de madera, la cebolla, el pimiento, el tomate y la zanahoria bien picados.  Añadimos también los guisantes y dejamos cocer durante una hora.

Podemos acompañarla con pasta, arroz o patatas fritas.  Cualquiera de estas cosas nos gustará, pero no olvidéis el pan si os gusta sopear. 

A nosotros nos gusta mucho con pasta, pero no con pasta cocinada aparte e incorporada a la carne.  Preferimos añadir caldo o agua al guiso y, cuando está hirviendo, la pasta.  A carne quedará muy tierna y la pasta cogerá el sabor del guiso.  Podemos darle un poco de color con azafrán



jueves, 15 de marzo de 2012

PAN DOCE (2ª parte)

    PAN DULCE (2ªparte)


            Desde o Nadal tiña pendente volver a escribir sobre esta receita.  Se recordades ben é unha receita que fai miña nai “a rumbo” , con ingredientes en grandes cantidades nun forno tradicional.  Eu intentei pasala a números máis reducidos e cocelo en forno eléctrico.  Fíxeno xa dúas veces e o resultado foi diferente as dúas.

            A primeira vez botei un pouco máis de auga quente ao principio e a masa admitiu máis fariña de trigo.  Subiu mellor a bola e a miga era máis suave, case parecía un pastel.  A segunda vez reducín a auga e polo tanto foi menor a cantidade de fariña de trigo;  a miga saíu máis compacta, máis semellante a un pan de millo e máis semellante ao pan que fai a miña nai.  Tamén subiu menos xa que a fariña que leva o glute e que axuda a subir a masa era menos ( a de trigo). 


            Eu aconséllovos que practiquedes as dúas e que vos quededes ca que vos guste máis porque iso vai no padal de cada persoa.

Por certo, a fariña de millo que usei nesta receita é de millo branco comprada en panadería.  Non sei se o resultado sería o mesmo no caso de usar a fariña que venden no supermercado xa que esta é precocida.

·        400 g de fariña de millo branco
·        200 g de nata líquida (para montar)
·        50 g de manteiga
·        35 g de fermento de panadería
·        100 g de fariña de centeo
·        Fariña de trigo que admita (depende da auga que botemos)
·        500 ou 400 ml de auga rompendo a ferver
·        Sal
·        200 g de uvas pasas.
·        200 g de noces
·        150 g de azucre
·        Unha cullerada de especies.

Media hora antes de empezar a amasar faremos un pouco de fermento.  Para elo diluímos en 100 ml de auga morna 10 g de fermento de panadería e engadimos uns 100 g de fariña de trigo.  Mesturamos cunha culler de madeira e tapamos cun pano.  Quedará unha masa branda que enseguida empezará a medrar.

Poñemos a auga con sal no lume e cando rompa a ferver retirámola e imos botándoa pouco a pouco sobre a fariña de millo e remexendo cunha culler de madeira.  Isto é mellor facelo nun recipiente fondo e ancho onde poidamos ir engadindo os demais ingredientes e amasando ao mesmo tempo.

Cando xa temos a fariña de millo “embolada” engadimos o fermento que fixemos antes, amasamos un pouco e deixamos que arrefríe a masa.

Engadimos despois as especies e amasamos.  Cada vez que engadimos un ingrediente temos que amasar.  Seguimos coa nata, a manteiga e o azucre.  Despois engadimos o resto do fermento fresco de panadería (25 g) e a fariña de centeo.

Agora toca engadir a fariña de trigo pouco a pouco segundo admita a masa.  Xa expliquei que a cantidade vai depender da auga que poñamos ao principio.

Finalmente, como últimos ingredientes, engadimos as uvas pasas e as noces.  Podedes probar a engadir figos pasos un pouco picados (non creo que sexa agradable atopalos enteiros).

Espolvoreamos fariña no recipiente que usamos para amasar ao principio e deixamos que levede a masa alí.  O tempo de lévedo é variable, entre outras cousas depende da temperatura externa, pero non vai ser nunca menos de hora e media.



Pasado este tempo, dámoslle forma á bola e a poñemos nunha bandexa para enfornar cuberta de papel de forno.  Eu dinlle catro cortes na superficie, formando un cadrado, e deixeina levedar outra hora e media polo menos.



Cocina en forno quente a 210º.  Tívena no forno ao redor dunha hora.















            Desde Navidad tenía pendiente volver a escribir sobre esta receta.  Si recordáis es una receta que hace mi madre “a rumbo”, con ingredientes en grandes cantidades en un horno tradicional.  Yo intenté pasarla a números más reducidos y cocerlo en horno eléctrico.  Lo hice ya dos veces y el resultado fue diferente en las dos.
            La primera vez eché un poco más de agua caliente al principio y la masa admitió más harina de trigo.  Subió mejor el pan y la miga era más suave, casi parecía un pastel.  La segunda vez reduje el agua y por tanto fue menor la cantidad de harina de trigo; la miga salió más compacta, más semejante a un pan de maíz y más semejante al pan que hace mi madre.  También subió menos ya que la harina que lleva el gluten y que ayuda a subir la masa era menos (la de trigo).

            Yo o aconsejo que practiquéis las dos y que os quedéis con la que os guste más porque eso va en el paladar de cada persona.
            Por cierto, la harina de maíz que usé en esta receta es de maíz blando comprada en panadería.  No sé si el resultado sería el mismo en el caso de usar la harina que venden en el supermercado ya que esta es pre cocida.
·        400 g de harina de maíz blanco
·        200 g de nata líquida (para montar)
·        50 g de mantequilla
·        35 g de levadura fresca de panadería
·        100 g de harina de centeno
·        Harina de trigo que admita ( depende del agua que echemos)
·        500 o 400 ml de agua rompiendo a hervir
·        Sal
·        200 g de uvas pasas
·        200 g de nueces
·        150 g de azúcar
·        Una cucharada de especies
Media hora antes de empezar a amasar haremos un poco de “fermento”.  Para ello diluimos en 100 ml de agua templada 10 gr de levadura fresca de panadería y añadimos unos 100 g de harina de trigo.  Mezclamos con una cuchara de madera y tapamos con un paño.  Quedará una masa blanda que enseguida empezará a crecer.
Ponemos el agua con sal al fuego y cuando empiece a hervir la retiramos y la vamos echando poco a poco sobre la harina de maíz y revolviendo con una cuchara de madera.  Esto es mejor hacerlo en un recipiente hondo y ancho donde podamos ir añadiendo los demás ingredientes y amasando al mismo tiempo.
Cuando ya tenemos la harina de maíz “embolada” añadimos el “fermento” que hicimos antes, amasamos un poco y dejamos que enfríe la masa.
Añadimos después las especies y amasamos.  Cada vez que añadimos un ingrediente tenemos que amasar.  Seguimos con la nata, la mantequilla y el azúcar.  Después añadimos el resto de la levadura fresca de panadería (25g) y la harina de centeno.
Ahora toca añadir la harina de trigo poco a poco según admita la masa.  Ya expliqué que la cantidad va a depender del agua que pongamos al principio.
Finalmente, como últimos ingredientes, añadimos las uvas pasas y las nueces.  Podéis probar a añadir higos pasos un poco picados (no creo que sea agradable encontrarlos enteros).
Espolvoreamos harina en el recipiente que usamos para amasar al principio y dejamos que leude la masa allí.  El tiempo de leudado es variable, entre otras cosas depende de la temperatura externa, pero no va a ser nunca menos de una hora y media.

Pasado este tiempo, le damos forma a la bolla y la ponemos en una bandeja (para meter al horno) cubierta de papel de horno.  Yo le di cuatro cortes en la superficie, formando un cuadrado, y la dejé leudar otra hora y media por lo menos.

La cocí en horno caliente a 210º.  Estuvo en el horno alrededor de una hora.









domingo, 11 de marzo de 2012

FRESA E CHOCOLATE

    FRESA Y CHOCOLATE


    Hoxe celebramos o aniversario da miña nai.  Cumpre setenta anos e a torta merecía ser un pouquiño especial.  Levaba varios días dándolle voltas a unha idea na miña cabeza desde que unha amiga me falara dos “bavarois”, pero para min tiñan un inconveniente:  levan bastante cantidade de ovo e eu quería que a torta tamén a puidera comer a miña filla pequena.  Dediqueime a buscar na rede e lendo cousas en varios blogs saquei a seguinte receita.  De todos xeitos creo que quedaría mellor se levara de base un biscoito de chocolate.

“Bavarois” de chocolate:

·        200 ml de leite
·        1 cullerada de “maizena”
·        125 de chocolate (eu chocolate con leite)
·        100 g de azucre
·        5 follas de xelatina
·        200 ml de nata para montar

Deixamos un pouco de leite nun vaso para disolver a maizena e poñemos o resto ao lume.  antes de que ferva botamos o chocolate e revolvemos ata que desfaga.  Ao mesmo tempo hidratamos a xelatina nun pouco de auga e engadimos no leite con chocolate así como o leite coa maizena.  Como empeza a espesar retiramos e deixamos que arrefríe un pouco.  Montamos a nata co azucre e mesturamos cunha culler de madeira con movementos envolventes de abaixo a arriba.  Botamos no molde (mellor nun dos que despois se poden abrir).  Cando calle un pouco será conveniente raiar a superficie cun garfo para que despois una ben a outra capa.  Metemos na neveira.

“Mousse” de fresa:

·        500 g de fresas
·        300 ml de nata para montar
·        100 g de queixo crema (do de untar)
·        7 follas de xelatina
·        200 g de azucre.

Lavamos as fresas e as secamos cun papel de cociña.  Cortamos algunhas delas en láminas para poñer nos laterais do molde.  O resto das fresas triturámolas ata facer un puré.  Collemos un pouco de puré e quentámolo para disolver a xelatina que teremos previamente hidratada.  Engadimos despois o resto do puré, o queixo e a metade do azucre e pasámolo polo batedor.  Aparte montamos a nata co resto do azucre e engadimos á mestura anterior cunha culler de madeira e con movementos envolventes como fixemos anteriormente co “bavarois” de chocolate.

Botamos no molde enriba do chocolate e metemos na neveira.

Para facer os adornos de chocolate fundín un pouco de chocolate negro e boteino enriba de follas de mandarina e no mesado de mármore.  As follas sacámolas cando endureza o chocolate e no que está no mesado facemos labras co coitelo.

Aquí vos deixo a foto por se queredes soprar as candeas.



Hoy celebramos el cumpleaños de mi madre.  Cumple setenta años y la tarta merecía ser un poco especial.  Llevaba ya varios días dándole vueltas a una idea en mi cabeza desde que una amiga me habló de los “bavarois”, pero para mí tenían un inconveniente: llevan bastante cantidad de huevo y yo quería que la tarta fuera apta para mi hija pequeña.  Me dediqué a buscar en la red y leyendo cosas en varios blogs saqué la siguiente receta.  De todas maneras creo que quedaría mejor si llevar de base un bizcocho de chocolate.
 “Bavarois” de chocolate:
·        200 ml de leche
·        1 cucharada de “maizena”
·        125 de chocolate (yo chocolate con leche)
·        100 g de azúcar
·        5 hojas de gelatina
·        200 ml de nata para montar
Dejamos un poco de leche en un vaso para disolver la maicena y ponemos el resto al fuego.  Antes de que hierva echamos el chocolate y revolvemos hasta que se deshaga.  Al mismo tiempo hidratamos la gelatina en un poco de agua y añadimos en la leche con chocolate así como la leche con maicena.  Como empieza a espesar retiramos y dejamos que enfríe un poco.  Montamos la nata con azúcar y mezclamos con una cuchara de madera con movimientos envolventes de abajo a arriba.  Echamos en un molde (mejor de los que después se pueden abrir).  Cuando cuaje un poco será conveniente rayar la superficie con un tenedor para que después una bien la otra capa.  Metemos en la nevera.
 “Mousse” de fresa:
·        500 g de fresas
·        300 ml de nata para montar
·        100 g de queso crema (del de untar)
·        7 hojas de gelatina
·        200 g de azúcar.
Lavamos las fresas y las secamos con un papel de cocina.  Cortamos algunas de ellas en láminas para poner en los laterales del molde.  Trituramos el resto de las fresas hasta hacer un puré.  Cogemos un poco de puré y lo calentamos para disolver la gelatina que tendremos previamente hidratada.  Añadimos después el resto del puré, el queso y la mitad del azúcar y lo pasamos por la batidora.  Aparte montamos la nata con el resto del azúcar y añadimos a la mezcla anterior con una cuchara de madera y con movimientos envolventes como hicimos anteriormente con el “bavarois” de chocolate.
Echamos en el molde encima del chocolate y metemos en la nevera.
Para hacer los adornos de chocolate fundí un poco de chocolate negro y lo eché encima de hojas de mandarino y en la encimera de mármol.  Las hojas las sacamos cuando endurezca el chocolate y en el que está en la encimera hacemos virutas con un cuchillo.
Aquí os dejo la foto por si queréis soplar las velas.