miércoles, 25 de abril de 2012

OVOS RECHEOS

    HUEVOS RELLENOS

    Este é un prato que fago moi poucas veces.  Case poderiamos dicir que cociñar con ovos me produce estres.  Todos os utensilios que emprego na cociña nestes momentos van directos ao lavalouzas e os panos á lavadora.  A parte, despois de cociñar hai que facer unha limpeza a fondo da cociña para eliminar as posibles "trazas de..."

    De todos xeitos, estamos nunha época na que temos un excedente de ovos nas casas dos avós e non está de máis darlles saída.  De vez en cando non ven mal facer un prato coma este.  Sen dúbida é bastante económico e tamén moi nutritivo.  Non poño cantidades nos ingredientes pois depende da cantidade de ovos que queremos cociñar ou do número de comensais que se van sentar á nosa mesa.

  • Ovos
  • Salsa de tomate
  • Atún
  • Manteiga
  • Fariña
  • Leite
  • Queixo relado
    En primeiro lugar cocemos os ovos en auga salgada cun chorriño de vinagre.  Deixamos que arrefríen e cascámolos.  Cortamos lonxitudinalmente e sacamos as xemas.  Reservamos dúas e o resto chafámolas cun garfo e ímolas mesturando co atún e con tres ou catro culleradas de salsa de tomate ata formar unha pasta máis ou menos uniforme.  Se é preciso engadiremos máis salsa de tomate.

    Con esa pasta enchemos as claras baleiras e as colocamos nunha fonte boca a abaixo enriba dun pouco de salsa de tomate.

    Nunha tarteira ou nunha tixola poñemos unha cullerada de manteiga.  Cando estea derretida engadimos dúas ou tres culleradas de fariña e seguimos removendo.  Finalmente engadimos o leite ( 1/2 litro aproximadamente).  Removemos ata que empece a ferver.  Neste momento engadín esmigalladas as dúas xemas que reservamos ao principio.  Cando espesou pasei esta bechamel polo batedor para que quedara uniforme e sen grumos.  Botamos esta salsa enriba dos ovos recheos, espolvoreamos queixo relado e gratinamos.





    Este es un plato que hago muy pocas veces.  Casi podríamos decir que cociñar con huevos me produce estres.  Todos los utensilios que uso en la cocina en estos momentos van directos al lavavajillas y los paños a la lavadora.  A parte, después de cociñar hay que hacer limpieza a fondo de la cocina para eliminar las posibles "trazas de..."




    De todas maneras, estamos en una época en la que tenemos un excedente de huevos en las casas de los abuelos y no está de más darles salida.  De vez en cuando no viene mal hacer un plato como este.  Sin duda es bastante económico y también muy nutritivo.  No pongo cantidades en los ingredientes pues depende de la cantidad de huevos que queremos cocinar o del número de comensales que se van a sentar en nuestra mesa.


  • Huevos
  • Salsa de tomate
  • Atún
  • Mantequilla
  • Harina
  • Leche
  • Queso rallado 

    En primer lugar cocemos los huevos en agua salada con un chorro de vinagre.  Dejamos que enfríen y los cascamos.  Cortamos longitudinalmente y sacamos las yemas.  Reservamos dos y aplastamos el resto con un tenedor al mismo tiempo que las mezclamos con el atún y con tres o cuatro cucharadas de salsa de tomate hasta formas una pasta más o menos uniforme.  Si es necesario añadiremos más salsa de tomate.

    Con esta pasta rellenamos las claras vacías y las colocamos en una fuente boca abajo encima de un poco de salsa de tomate.

    En una tartera o en una sartén ponemos una cucharada de mantequilla.  Cuando esté derretida añadimos dos o tres cucharadas de harina y seguimos removiendo.  Finalmente añadimos la leche ( 1/2 litro aproximadamente).  Removemos hasta que empiece a hervir.  En este momento añadí desmenuzadas las dos yemas que reservamos al principio.  Cuando espesó pasé esta bechamel por la batidora para que quedara uniforme y sin grumos.  Echamos esta salsa encima de los huevos rellemos, espolvoreamos queso rallado y gratinamos.





No hay comentarios:

Publicar un comentario