domingo, 24 de junio de 2012

BISCOITO CON CEREIXAS

BIZCOCHO CON CEREZAS

    Non, non deixei o blog nin se me acabaron as receitas, pero de cando en vez é bo ter un descanso.  Aínda que o meu descanso é obrigado por ter moito traballo de fin de curso e pouco tempo para redactar as receitas, que se me están acumulando.
    Este biscoito que os deixo hoxe fíxeno por primeira vez na primavera pasada cando os meus sogros tiveron un gran excedente de cereixas e andaba buscando que facer con elas.  Incluso fixen marmelada despois de pasar moito traballo para sacarlles a pebida.  Despois probei a facer este biscoito que non é máis que unha variante do meu biscoito de limón.  Gustou moito na miña casa así que este ano volvín a repetilo e aquí volo deixo para que xulguedes e probedes a pesar de que a tempada de cereixas xa está rematada.

  • 1 iogur natural
  • 2 vasos (de iogur) de azucre
  • 4 vasos de fariña
  • 1 vaso de aceite de xirasol
  • 1/2 vaso de leite
  • Reladura de medio limón
  • Un sobre de fermento
  • 250 gr de cereixas sen óso ao natural
  • 2 culleradas de azucre
  • 1/2 cullerada de manteiga.

    Nun cazo botamos as cereixas xunto coas dúas culleradas de azucre e a manteiga.  Por no lume e remover durante uns 10 minutos.  Sacar do lume e deixar temperar.


    Noutro recipiente bater o iogur natural, o azucre, o aceite, o leite, fermento e a reladura de limón.  Engadir despois a fariña e volver bater.  Engadir agora o líquido que soltaron as cereixas e remover cunha culler de madeira ata que estea ben integrado.  Para rematar colocar enriba as cereixas e meter no forno xa quente a 190º con calor da resistencia inferior e ventilador durante uns 30 minutos.  Despois acender a resistencia superior e deixar uns 5 minutos máis.  Comprobar se está cocido cravando un escarvadentes que terá que saír seco.  As cereixas aparecerán afundidas no biscoito, pero o sabor será igualmente bo. 







    No, no dejé el blog ni se me acabaron las recetas, pero de vez en cuando es bueno tener un descanso.  Aunque mi descanso es obligado por tener mucho trabajo de fin de curso y poco tiempo para redactar las recetas, que se  me están acumulando.

    Este bizcocho que os dejo  hoy lo hice por primera vez en la primavera pasada cuando mis suegros tuvieron un gran excedente de cerezas y estaba buscando qué hacer con ellas.  Incluso hice mermelada después de pasar mucho trabajo para sacarles las pepitas.  Después probé a hacer este bizcocho que no es más que una variante de mi bizcocho de limón.  Gustó mucho en mi casa así que este año volví a repetirlo y aquí os lo dejo para que juzguéis y probéis a pesar de que la temporada de cerezas ya está acabada.


  • 1 yogur natural
  • 2 vasos (de yogur) de azúcar
  • 4 vasos de harina
  • 1 vaso de aceite de girasol
  • 1/2 vaso de leche
  • Ralladura de medio limón
  • Un sobre de levadura
  • 250 gr de cerezas sin hueso al natural
  • 2 cucharadas de azúcar
  • 1/2 cucharada de mantequilla

    En un cazo echamos las cerezas junto con dos cucharadas de azúcar e la mantequilla.  Poner al fuego y remover durante unos 10 minutos.  Sacar del fuego y dejar templar.

    En otro recipiente batir el yogur natural, el azúcar, la leche, el aceite, la levadura y la ralladura de limón.  Añadir después la harina y volver a batir.  Añadir ahora el líquido que soltaron las cerezas y remover con una cuchara de madera hasta que esté bien integrado.  Para acabar colocar encima las cerezas y meter en el horno ya caliente a 190º con calor de la resistencia inferior y ventilador durante unos 30 minutos.  Después encender la resistencia superior y dejar unos 5 minutos más.  Comprobar si está cocido clavando un palillo que tendrá que salir seco.  Las cerezas aparecerán hundidas en el bizcocho, pero el sabor será igualmente bueno.


   
   




No hay comentarios:

Publicar un comentario