martes, 10 de julio de 2012

TORTA DE PIÑA

    TARTA DE PIÑA

    Foi unha boa compañeira a que me deu esta receita.  Díxome:  "esta receita non leva ovo.  A ver se atopas os ingredientes adecuados para a túa filla".  A verdade é que foi bastante doado.  A única variación que fixen foi a de substituír a xelatina de piña por xelatina neutra.  As xelatinas sen ovo ou sen trazas son bastante difíciles de atopar e optei pola xelatina neutra disolta no zume da piña que é menos arriscado.  Por outra banda a receita inicial tiña o dobre de cantidades, pero para nos que somos catro na casa eran suficientes estas cantidades.  Xa sabedes:  a liña, o azucre, o colesterol,...  todos eles a ter en conta á hora de sentarse á mesa.  Por certo, a primeira vez que a fixen boteille pouco azucre e recibín queixas, pero na seguinte rectifiquei.  Aí van os ingredientes:

  • 1 lata de piña no seu zume ( se a collemos en xarope teremos que reducir o azucre)
  • 1/2 l. de nata
  • 6 láminas de xelatina neutra
  • 8 culleradas de azucre
  • Galletas

    O ideal é empregar un molde un pouco alto, pero que non se abra.  Eu teño un molde cadrado duns 5 ou 6 cm. de alto e forreino con papel de cociña pois ao final hai que desmoldar dándolle a volta e así resultoume máis doado.  No fondo do molde coloquei as rodas de piña e cortei algunha para encher buracos.  Nun bol batín un pouco a nata co azucre e ao mesmo tempo hidratei as láminas de xelatina nunha cunca con auga.  Feito todo isto, puxen a quentar o zume de piña que ven na lata e cando quería empezar a ferver engadín as follas de xelatina xa hidratadas e remexín ata que disolveu.  Neste momento mestureino ca nata e o azucre e volvín a bater un pouco máis.  Envorquei sobre a piña e deixei arrefriar para que collera consistencia.  Pasada unha media hora poñemos unha capa de galletas enriba.  Estas galletas farán de base cando volteemos a torta.  Bo proveito.




    Fue una buena compañera la que me dio esta receta.  Me dijo:  "Esta receta no lleva huevo.  A ver si encuentras los ingredientes adecuado para tu hija".  La verdad es que fue bastante fácil.  La única variación que hice fue la de sustituir la gelatina de piña por gelatina neutra.  Las gelatinas sin huevo o sin trazas son bastante difíciles de encontrar y opté por la gelatina neutra disuelta en el sumo de la piña que es menos arriesgado.  Por otro lado la receta inicial tenía el doble de cantidades.  Ya sabéis:  la línea, el azúcar, el colesterol,... todos ellos a tener en cuenta a la hora de sentarse a la mesa.  Por cierto, la primera vez que la hice le eché poco azúcar y recibí quejas, pero en la siguiente rectifiqué.  Ahí van los ingredientes:
  • 1 lata de piña en su zumo ( se la cogemos en almíbar tendremos que reducir el azúcar)
  • 1/2 l. de nata
  • 6 láminas de gelatina neutra
  • 8 cucharadas de azúcar
  • Galletas.




    Lo ideal es emplear un molde un poco alto, pero que no se abra.  Yo tengo un molde cuadrado de unos 5 o 6 cm de alto y lo forré con papel de cocina pues al final hay que desmoldar dándole la vuelta y así me resultó más fácil.  En el fondo del molde coloqué las rodajas de piña y corté alguna para rellenar agujeros.  En un bol batí un poco la nata con el azúcar y al mismo tiempo hidraté las láminas de gelatina en una taza con agua.  Hecho todo esto, puse a calentar el zumo de piña que viene en la lata y cuando empezaba a hervir añadí las hojas de gelatina ya hidratadas y la revolví hasta que se disolvió.  En este momento lo mezclé con la nata y el azúcar y volví a batir un poco más.  Volqué sobre la piña y la dejé enfriar para que cogiera consistencia.  Pasada una media hora ponemos una capa de galletas encima.  Estas galletas harán de base cuando volteemos la tarta.  Buen provecho.



   

No hay comentarios:

Publicar un comentario