lunes, 29 de octubre de 2012

TARTALETAS DE MAZÁ

    TARTALETAS DE MANZANA
    Desta volta déixovos unha receita moi rápida e sinxela, tanto que a podemos facer ao mesmo tempo que preparamos o café.  Pode ser incluso unha sobremesa improvisada para visitas inesperadas.
    Precisamos:
  • Obleas para empanadillas
  • 3 ou 4 mazás
  • Azucre
  • Marmelada
    Eu tiña na casa obleas "la cocinera" e foron as que usei para esta receita.  Estas obleas veñen separadas por cadradiños de papel que foron os empregados para poñer na bandexa do forno.  Seguidamente cortei as mazás en gallos finos e coloqueinas nas obleas.  Espolvoreamos azucre  e enfornamos a 180º ata que a masa colla un color dourado.  Cando as sacamos pintamos con marmelada, neste caso de pexego que a tiña a man. 
    Só queda deixar que arrefríen e comelas.  Como mellor están e recén feitas e coa masa crocante.  Espero que vos gusten.
    Esta vez os dejo una receta muy rápida y sencilla, tanto que la podemos hacer al mismo tiempo que preparamos el café.  Puede ser incluso un postre improvisado para visitas inesperadas.
Necesitamos:
  • Obleas para empanadillas
  • 3 o 4 manzanas
  • Azúcar
  • Mermelada
    Yo tenía en casa obleas "la cocinera" y fueron las que usé para esta receta.  Estas obleas vienen separadas por cuadraditos de papel que son los que utilicé para poner en la bandeja del horno.  Seguidamente corté las manzanas en gajos finos y las coloqué en las obleas.  Espolvoreamos azúcar y horneamos a 180º hasta que la masa coja un color dorado.  Cuando las sacamos pintamos con mermelada, en este caso de "pexego" que la tenía a mano.
    Solamente queda dejar que enfríen y a comerlas.  Como mejor están es recién hechas y con la masa crujiente.  Espero que os gusten.
   

martes, 16 de octubre de 2012

TRENZA DE MARMELO


    TRENZA DE MEMBRILLO
   
    Supoño que a estas alturas do outono xa estarán feitos todos os doces de marmelo.  Este ano ademais foi moi bo para os marmelos e tiñan moi boa calidade.
    Se xa o fixestes seguro que o que máis apetece é comelo cun bo anaco de pan e unha rebanda de queixo.  Pero se o marmelo saíu un pouco máis brando e o podemos untar nunha torrada seguro que tamén o podemos empregar para esta sobremesa, porque iso foi o que me pasou a min;  seguro que me despistei co tempo de cocción ou ca cantidade de azucre e desta volta algún doce quedou un pouco brando.

    Coma sempre, navegando pola rede, atopeime cunha receita de trenzas de marmelo que levaba ovo, por suposto.  Eu modifiqueina ao meu gusto e ás miñas necesidades e saiume algo enorme que case abre a porta do forno.  Non é máis que un roscón cunha cor máis escura e cun sabor especial que lle aporta o marmelo.  Na receita orixinal fixeron pequenas trenzas, pero como vedes eu fixen unha que por ser non era grande, era enorme.
    Se preferides a receita con ovo podedes consultala aquí.  Os ingredientes da miña son os seguintes:
  • 250 gr de doce de marmelo
  • 50 gr de manteiga
  • 200 ml de nata
  • 500 gr de fariña (aproximadamente)
  • 25 gr de fermento de panadería
  • 1 chisco de sal
    Con todos estes ingredientes facemos a masa que a estas alturas xa non ten ciencia algunha.  Si, para os que teñan a dúbida, o marmelo métese no medio da masa ata que pasa a formar parte dela mesma.
    Facemos entón un volcán coa fariña e no medio incorporamos a nata, a manteiga que levará un tempo fóra da neveira, o marmelo, o fermento e o sal.  A cantidade de fariña xa sabedes que é aproximada e a medida que imos amasando podemos precisar máis.  Unha vez rematado o proceso de amasar deixaremos que medre e dobre o volume para despois darlle forma á nosa trenza.  Cando volva medrar e dobrar o volume, vernizamos con leite e engadimos azucre humedecido.  Xa vos decatastes de que a masa non leva azucre; é suficiente co que aporta o marmelo.





    Metemos finalmente a nosa trenza en forno quente a 180º.  Hai que ter moito coidado pois o tempo de cocción é curto e segundo o forno pode andar entre os 15 ou 20 minutos.



    Supongo que a estas alturas del otoño ya estarán hechos todos los dulces de membrillo.  Este año además fue muy bueno para los membrillos y tenían muy buena calidad.

    Si ya lo hicisteis seguro que lo que más apetece es comerlo con un buen trozo de pan y una rebanada de queso.  Pero si el membrillo salió un poco más blando y lo podemos untar en una tostada seguro que también lo podemos emplear para este postre, porque eso fue lo que me pasó a mi; seguro que me despisté con el tiempo de cocción o con la cantidad de azúcar y esta vez algún dulce me quedó un poco blando.



    Como siempre, navegando por la red, me encontré con una receta de trenzas de membrillo que llevaba huevo, por supuesto.  Yo la modifiqué a mi gusto y la adapté a mis necesidades y me salió algo enorme que casi abre la puerta del horno.  No es más que un roscón con un color más oscuro y con un sabor especial que le aporta el membrillo.  En la receta original hicieron pequeñas trenzas, pero como veis yo hice una que no era grande, era enorme.
    Si preferís la receta con huevo la podéis consultar aquí.  Los ingredientes de la mía son los siguientes:
  • 250 gr de dulce de membrillo
  • 50 gr de mantequilla
  • 200 ml de nata
  • 500 gr de harina (aproximadamente)
  • 25 gr de levadura de panadería
  • 1 pizca de sal
     Con todos estos ingredientes hacemos la masa que a estas alturas ya no tiene ciencia.  Sí, para los que tenga la duda, el membrillo se mete en el medio de la masa hasta que pasa a formar parte de la misma.
   
    Hacemos entonces un volcán con la harina y en el medio incorporamos la nata, la mantequilla que llevará un tiempo fuera de la nevera, el membrillo, la levadura y la sal.  La cantidad de harina ya sabéis que es aproximada y a medida que vamos amasando podemos necesitar más.  Una vez acabado el proceso de amasar dejaremos que crezca y doble el volumen para después darle forma a nuestra trenza.  Cuando vuelva a crecer y doblar el volumen, barnizamos con leche y añadimos azúcar humedecido.  Ya os habéis dado cuenta de que la masa no lleva azúcar; es suficiente con el que aporta el membrillo.


    Metemos finalmente nuestra trenza en el horno caliente a 180º.  Hay que tener mucho cuidado pues el tiempo de cocción es corto y según el horno puede andar entre los 15 o 20 minutos.



   

domingo, 7 de octubre de 2012

MARMELADA DE FIGO

    MERMELADA DE HIGO

    Xa dicía eu que a época das marmeladas non rematara aínda e quedábame por experimentar a marmelada de figo.
    Teño tamén que confesarvos que conto coa axuda dunha panificadora para facer as marmeladas, pero de tanto uso tiven que facerlle un "apaño" pois as pas de amasado xa estaban pasadas de tanto traballar.  Pronto haberá que darlle o retiro e pensar en substituíla.  Mentres seguiremos adiante coa marmelada.
  • 1 kg de figo (despois de limpo)
  • 400 gr de azucre
  • 1/2 limón
    O primeiro paso consiste en abrir os figos e aproveitar a súa carne ata chegar a un quilo dela.  Engadimos despois o azucre e o medio limón limpo sen peles nin pebidas.  Se a facemos de maneira tradicional é mellor deixala repousar unhas horas ata que empece a soltar líquido e formar unha especie de xarope co azucre.  Despois poñémola ao lume e deixamos cocer uns 45 minutos para envasar despois.
    A vantaxe da panificadora é que non é preciso deixar repousar o figo e tampouco teremos que estar removendo continuamente; as pas de amasado encargaranse de facelo.
    Ya decía yo que la época de las mermeladas no había acabado aún y me quedaba experimentar la mermelada de higo.
    Tengo también que confesaros que cuento con la ayuda de una panificadora para hacer las mermeladas, pero de tanto uso tuve que hacerlo un "apaño" pues las palas de amasado ya estaban pasadas de tanto trabajar.  Pronto habrá que darla el retiro y pensar en sustituirla.  Mientras seguiremos adelante con la mermelada.
  • 1 kg de higo (después de limpio)
  • 400 gr de azúcar
  • 1/2 limón
    El primer paso consiste en abrir los higos y aprovechar su carne hasta llegar a un kilo de ella.  Añadimos después el azúcar y el medio limón limpio sin pieles ni pepitas.  Si la hacemos de manera tradicional es mejor dejarla reposar unas horas hasta que empiece a soltar líquido y formar una especie de almíbar con el azúcar.  Después la ponemos al fuego y dejamos cocer unos 45 minutos para envasar después.
    La ventaja de la panificadora es que no es necesario dejar reposar el higo y tampoco tendremos que estar removiendo continuamente;  las palas de amasado se encargarán de hacerlo. 
   

lunes, 1 de octubre de 2012

TORTA DE MORAS E CHOCOLATE (I)

    TARTA DE MORAS Y CHOCOLATE (I)

    Cando fixen esta torta por primeira vez non puiden sacarlle fotos; tiven un accidente con ela.  Non pensedes mal, foi ao abrir a neveira e coller a bandexa.  Esvaroume e caeu ao chan e igual que a torrada coa marmelada quedou envorcada coa parte superior no chan.  Non a puidemos aproveitar.  Pero teño unha compañeira que si aproveitou a situación para dicirme:  "entón, tamén hai cousas que non che saen ben".  Por suposto que me pasa e máis a miúdo do que me gustaría.   E como todo isto está dedicado ás miñas fillas,  xa sabedes:  Mamá non é perfecta.  De todas formas case foi unha sorte que aquela torta rematara no lixo:  esta saíu moito mellor.
     Ben, vaiamos coa receita.  A torta ten tres pisos ou capas.  A primeira, a base, está feita cun biscoito de chocolate, a segunda unha mousse de moras e a terceira unha cobertura tamén de moras.
    Ingredientes para o biscoito:
  • 150 g de fariña de trigo
  • 150 g de fariña fina de millo (Maicena)
  • 1 sobre de fermento en po
  • 250 g de azucre
  • 90 g de cacao
  • 40 ml de aceite de xirasol
  • 300 ml de leite
    Ingredientes para a mousse de moras:
  • 400 ml de nata
  • 200 g de moras
  • 70 g de azucre
  • 4 follas de xelatina neutra
    Ingredientes para a cobertura:
  • 200 g de moras
  • 30 g de azucre
  • 2 follas de xelatina neutra.

     Preparamos un molde redondo dos que se poden abrir e poñemos no fondo papel de forno.  Untamos os lados cun pouco de margarina e espolvoreamos fariña para que sexa máis fácil despegar o biscoito unha vez cocido.


    Mesturamos os ingredientes secos cunha culler e despois engadimos os líquidos.  Batemos un pouco e vertemos no molde que xa temos preparado.  Debemos ter a precaución de quentar o forno antes de rematar de bater o biscoito para metelo unha vez preparado.  A temperatura será de 180º e a posición medio-baixa utilizando o ventilador.  Nuns 30-35 minutos teremos o biscoito feito.  Probamos cun escarvadentes.    Se sae seco é o momento de retirar o biscoito e deixalo arrefriar.  O biscoito non debe cocer en exceso pois senón quedaría demasiado seco.  Cando xa estea frío sacamos o aro do molde e cun coitelo cortamos un pouco da parte superior (o menos posible).   Ao facer o biscoito sempre queda unha superficie un pouco máis compacta co interior.  O obxectivo é sacar esa parte para que a cobertura asente no biscoito e non dea a impresión de dúas partes separadas.



    Poñemos o aro outra vez e preparamos a mousse.  O primeiro será triturar as moras co azucre.  Eu paseinas despois polo "chino" para evitar ao máximo as pebidas.  Poñemos a xelatina a hidratar en auga e montamos a parte a nata.  Collemos o puré de moras e quentámolo para desfacer nel a xelatina.  Despois incorporámolo á nata montada.  Esta mousse será a segunda capa da nosa torta e debemos poñela enriba do biscoito.  Metemos na neveira e deixamos arrefriar para que calle.
   
    Cando teñan pasado un par de horas batemos o resto das moras co azucre e hidratamos as outras dúas follas de xelatina.  Quentamos o puré ( tamén o pasei polo "chino") e desfacemos nel a xelatina.  Esta será a cobertura da nosa torta.  Metemos outra vez na neveira e deixamos varias horas.

    Antes de servir podemos adornala cos corazonciños de fresa e nata.  Desmoldamos e saboreamos.


    Cuando hice esta tarta por primera vez no pude sacarle fotos;  tuve un accidente con ella.  No penséis mal, fue al abrir la nevera y coger la bandeja.  Me resbaló y cayó al suelo y de la misma forma que la tostada con la mermelada quedó volcada con la parte superior en el suelo.  No la pudimos aprovechar.  Pero tengo una compañera que sí aprovechó la situación para decirme:  "entonces, también hay cosas que no te salen bien".  Por supuesto que me pasa y con más frecuencia de la que me gustaría.  Y como todo esto está dedicado a mis hijas, ya sabéis:  Mamá no es perfecta.  De todas formas casi fue una suerte que aquella tarta acabara en la basura:  esta salió mucho mejor.
    
    Bien, vayamos con la receta.  La tarta tiene tres pisos o capas.  La primera, la base, es un bizcocho de chocolate, la segunda una mousse de moras y la tercera una cobertura también de moras.
Ingredientes para el bizcocho:
  • 150 g de harina de trigo
  • 150 g de harina fina de maíz (Maicena)
  • 1 sobre de levadura en polvo
  • 250 g de azúcar
  • 90 g de cacao
  • 40 ml de aceite de girasol
  • 300 ml de leche
Ingredientes para la mousse de moras:
  • 400 ml de nata
  • 200 g de moras
  • 70 g de azúcar
  • 4 hojas de gelatina neutra
Ingredientes para la cobertura:
  • 200 g de moras
  • 30 g de azúcar
  • 2 hojas de gelatina neutra.
    Preparamos un molde redondo de los que se pueden abrir y ponemos en el fondo papel de horno.  Untamos los lados con un poco de margarina y espolvoreamos harina para que sea más fácil despegar el bizcocho una vez cocido.


    Mezclamos los ingredientes secos con una cuchara y después añadimos los líquidos.  Batimos un poco y vertemos en el molde que ya tenemos preparado.  Debemos tener la precaución de calentar el horno antes de acabar de batir el bizcocho para meterlo una vez preparado.  La temperatura será de 180º y la posición medio-baja utilizando el ventilador.  En unos 30-35 minutos tendremos el bizcocho hecho.  Probamos con un palillo.  Si sale seco es el momento de retirar el bizcocho y dejarlo enfriar.  El bizcocho no debe cocer en exceso o quedará demasiado seco.  Cuando enfríe sacaremos el aro del molde y con un cuchillo cortamos un poco de la parte superior (lo menos posible).  Al hacer un bizcocho siempre queda una superficie un poco más compacta que el interior.  El objetivo es sacar esa parte para que la cobertura asiente en el bizcocho y no dé la impresión de dos partes separadas.
     


    Ponemos el aro otra vez y preparamos la mousse.  Lo primero será triturar las moras con el azúcar.  Yo las pasé después por el "chino" para evitar al máximo las pepitas.  Ponemos la gelatina a hidratar en agua y montamos aparte la nata.  Cogemos el puré de moras y lo calentamos para deshacer en él la gelatina.  Después lo incorporamos a la nata montada.  Esta mousse será la segunda capa de nuestra tarta y debemos ponerla encima del bizcocho.  Metemos en la nevera y dejamos enfriar para que cuaje.

        Cuando hayan pasado un par de horas batimos el resto de las moras con el azúcar e hidratamos las otras dos hojas de gelatina.  Calentamos el puré (también lo pasé por el "chino") y deshacemos en él la gelatina.  Esta será la cobertura de nuestra tarta.  Metemos otra vez en la nevera y dejamos varias horas.

    Antes de servir podemos adornarla con los corazoncitos de fresa y nata.  Desmoldamos y saboreamos.