miércoles, 14 de noviembre de 2012

CREMA DE CASTAÑAS


    CREMA DE CASTAÑAS
    E isto para que serve?  Cómese? E como o tomamos?  Se falamos de crema de castañas estes son uns poucos dos moitos interrogantes que me formulan.  Non fago a crema de castañas para comer a culleradas aínda que se vos apetece... non habería problema.  Pero a miña finalidade é outra:  unha torta de castañas.
    Facer crema de castañas e torta de castañas no mesmo día pode deixarnos esgotados e sen ganas de volver a cociñar nunha semana.  Por iso é mellor facer as cousas por separado, con tempo, sen presas e con moito cariño que así seguro que mellora o sabor.  Esta receita é laboriosa e require paciencia.  Non desesperedes e escollede unha tarde fría ou chuviosa desas nas que apetece quedar na casa aínda que sexa para cociñar.  Imos cos ingredientes:
  • Castañas (imos necesitar 400 gr para a crema así que é mellor poñer máis)
  • Sal
  • Fiúncho
  • Nébeda
  • 400 ml de leite
  • 180 gr. de azucre
  • 2 gotas de esencia de vainilla ( ou outro aroma que vos guste)





    En primeiro lugar toca sentarse e quitarlle a pel externa ás castañas; aquí xa se vai bastante tempo.  Despois poñémolas a cocer en auga con sal, nébeda e fiúncho.  Despois de ferver deixámolas uns 20 minutos.  Apagamos o lume, retiramos e empezamos a pelar a segunda pel.  É mellor ir sacándoas da auga pouco a pouco para que nos sexa máis doado quitarlles a pel.

    Agora que xa fixemos o traballo gordo, pesamos 400 gr. de castañas que poñemos a cocer xunto co leite, o azucre e a vainilla.  Despois de ferver durante uns 20 minutos trituramos todo e obteremos a crema de castañas.  Podemos conservala na neveira unhas dúas semanas en botes pechados.  Eu probei a conxelala e espero que se conserve ben.  Xa vos contarei.

    Gardade esta receita que pronto porei a torta de castañas.
    ¿Y esto para qué sirve?¿Se come?¿Y cómo lo tomamos?  Si hablamos de crema de castañas estas son algunas de las preguntas que me plantean.  No hago crema de castañas para comer a cucharadas aunque si os apetece... no hay problema.  Pero mi finalidad es otra:  una tarta de castañas.
     Hacer crema de castañas y tarta de castañas en el mismo día puede dejarnos agotados y sin ganas de volver a cocinar en una semana.  Por eso es mejor hacer las cosas por separado, con tiempo, sin prisas y con mucho cariño que así seguro que mejora el sabor.  Esta receta es laboriosa y requiere paciencia.  No desesperéis y escoged una tarde fría o lluviosa de esas en las que apetece quedar en casa aunque sea para cocinar.  Vamos con los ingredientes:

   
  • Castañas (vamos a necesitar 400 gr para la crema así que es mejor poner más)
  • Sal
  • Hinojo
  • Nébeda
  • 400 ml de leche
  • 180 gr. de azúcar
  • 2 gotas de esencia de vainilla ( o otro aroma que os guste)
   


    En primer lugar toca sentarse y quitarle la piel externa a las castañas; aquí ya se va bastante tiempo.  Después las ponemos a cocer en agua con sal, nébeda e hinojo.  Después de hervir las dejamos unos 20 minutos.  Apagamos el fuego, retiramos y empezamos a pelar la segunda piel.  Es mejor ir sacándolas del agua poco a poco para que sea más fácil quitarles la piel.



    Ahora que ya hicimos el trabajo gordo, pesamos 400 gr de castañas que ponemos a cocer junto con la leche, el azúcar y la vainilla.  Después de hervir durante unos 20 minutos trituramos todo y obtendremos la crema de castañas.  Podemos conservarla en la nevera unas dos semanas en botes cerrados.  Yo probé a congelarla y espero que se conserve bien.  Ya os contaré.



    Guardad esta receta que pronto pondré la tarta de castañas.
   

No hay comentarios:

Publicar un comentario