domingo, 24 de marzo de 2013

BOLIÑOS CON PEBIDAS DE CHOCOLATE


    BOLLITOS CON PEPITAS DE CHOCOLATE

    Tarde de sábado e moi chuviosa, así que toca quedar na casa e descansar (fai bastante falta).  O que menos me apetece e facer algún tipo de traballo intelectual:  é o primeiro día das vacacións de Semana Santa e hai que esquecerse un pouco do traballo.  Ademais de facer marmelada de laranxa (aínda me quedaban unhas poucas e tiña que aproveitalas antes de que se estragaran), dispúxenme a experimentar con esta receita.  Hai uns boliños moi coñecidos (doowaps) e os meus se lles parecen, pero xa sabedes que o feito na casa non ten nada que ver cos produtos comerciais.

    Atopei a receita hai uns meses neste blog e, coma sempre, modifiqueina coa esperanza de que saíse algo decente que gustara na miña casa.  Así que mentres fervía a marmelada de laranxa, que non ten nada que ver con esta receita, empecei a amasar.

  • 250 ml de leite morno
  • 25 gr de fermento que disolvemos no leite morno
  • 50 gr de aceite de oliva
  • 1 cullerada de esencia de vainilla
  • 450 gr de fariña de forza
  • 80 gr de azucre
  • 1 culleradiña de sal
  • 100 gr de pebidas de chocolate
  • Leite para vernizar
    En primeiro lugar metemos as pebidas de chocolate no conxelador.  Despois quentamos un pouco o leite e desfacemos nel o fermento.  Imos engadindo os ingredientes na orde que aparecen na receita e amasamos.  Deixamos entón que a masa dobre o seu volume nun recipiente untado con aceite de oliva.


    Cando a masa teña crecido dividímola en porcións nas que engadimos as pebidas de chocolate conxeladas e damos forma aos boliños.  Eu fixen 18 que volveron a dobrar o seu volume esta vez colocados en bandexas con papel de forno.  Para rematar verniceinos con leite antes de metelos no forno quecido a 180º durante uns 15 minutos.  Bo proveito.

    Tarde de sábado y muy lluviosa, así que toca quedar en casa y descansar (hace bastante falta).  Lo que menos me apetece es hacer algún tipo de trabajo intelectual:  es el primer día de vacaciones de Semana Santa y hay que olvidarse un poco del trabajo.  Además de hacer mermelada de naranja (aún me quedaban unas pocas y tenía que aprovecharlas antes de que se estropearan), me dispuse a experimentar con esta receta.  Hay unos bollitos muy conocidos (doowaps) y los míos se les parecen, pero ya sabéis que lo hecho en casa no tiene nada que ver con los productos comerciales.

   
    Encontré la receta hace unos meses en este blog y, como siempre, la modifiqué con la esperanza de que saliera algo decente que gustara en mi casa.  Así que mientras hervía la mermelada de naranja, que no tiene nada que ver con esta receta, empecé a amasar.

  • 250 ml de leche templada
  • 25 gr de levadura que disolvemos en la leche templada
  • 50 gr de aceite de oliva
  • 1 cucharada de esencia de vainilla
  • 450 gr de harina de fuerza
  • 80 gr de azúcar
  • 1 cucharadita de sal
  • 100 gr de pepitas de chocolate
  • Leche para barnizar

    En primer lugar metemos las pepitas de chocolate en el congelador.  Después calentamos un poco de leche y deshacemos en él la levadura.  Vamos añadiendo los ingredientes en el orden que aparecen en la receta y amasamos.  Dejamos entonces que la masa doble su volumen en un recipiente untado con aceite de oliva.



    Cuando la masa haya crecido la dividimos en porciones en las que añadimos las pepitas de chocolate congeladas y damos forma a los bollitos.  Yo hice 18 que volvieron a doblar su volumen esta vez colocados en bandejas con papel de horno.  Para acabar los barnicé con leche antes de meterlos en el horno calentado a 180º durante unos 15 minutos.  Buen provecho.

   

domingo, 17 de marzo de 2013

ROSQUILLAS DE FOLLADO

    ROSQUILLAS DE HOJALDRE

    Por se lle apetecen, por se vamos de festa e as quere, porque outros nenos as comen e os seus ollos as piden, por se as intentan probar, por se... eu que sei por que.  A verdade é que as nais dos nenos alérxicos estamos sempre alerta e sempre previndo distintas situacións que non sempre chegan a producirse pero que entran dentro do posible.  Así foi como naceu a posibilidade desta receita.  Podía ser que se producira unha visita de tipo didáctico por parte da miña filla a un obradoiro de rosquillas e quería estar preparada.  Empecei a investigar na rede, atopeime con esta receita e decidín poñerme mans á obra.
    Estas rosquillas son moi famosas porque as atopamos en todas as festas.  Desde que eu era pequena lembro ir ás festas e comelas e, coma sempre, sabían a pouco porque o paquete acabábase rapidamente.  Iso mesmo pasou na miña casa, a pesar de cociñar tamén os recortes da masa.  Mesmo pareceu incrible que foran cociñadas na casa e non na pastelería.
  • 2 láminas de follado xa estirado
  • Manteiga
  • Azucre
  • Auga
  • Mel.

    Por suposto, non me compliquei demasiado.  O follado compreino no supermercado.  Limiteime a desempaquetalo e deixalo desconxelar.  Puxen no mesado da cociña unha folla e derretín un pouco de manteiga no microondas e  cun pincel estendina enriba para así poder "pegar" a outra lámina de masa follada.
    Cun vaso fun facendo rosquillas e cun tapón fun sacando a masa para facer o burato do medio.  Coloqueinas nunha fonte con papel de forno e metinas no forno xa quente a 220º ata que creceron e colleron cor dourada.  Fixen o mesmo con todos os recortes que quedaron da masa que xa sabedes que non se pode tirar nada.

    Mentres as rosquillas crecían no forno, nun cazo puxen ao lume a mesma cantidade de auga, azucre e mel para facer o xarope co que bañei as rosquillas cando saíron do forno.  Despois tamén as pasei por azucre e as deixei listas para comer.

    Como todas as entradas do blog esta tamén está dedicada ás miñas fillas, pero teño que dedicarlla especialmente a unha pequena pero "gran" seguidora que seguro que será unha boa cociñeira dentro de pouco tempo.  Seguro que queda asombrada con esta receita, pero teño que aclararlle que o único que fago é buscar e experimentar na miña cociña que pronto vai parecer un laboratorio de química.

    Por si le apetecen, por si vamos de fiesta y las quiere, porque otros niños las comen y sus ojos las piden, por si las intentan probar, por si... yo que sé por qué.  La verdad es que las madres de los niños alérgicos estamos siempre alerta y siempre previendo distintas situaciones que no llegan siempre a producirse pero que entran dentro de lo posible.  Así fue como nació la posibilidad de esta receta.  Podría ser que se produjera una visita de tipo didáctico por parte de mi hija a un obrador de rosquillas y quería estar preparada.  Empecé a investigar en la red, me encontré con esta receta y decidí ponerme manos a la obra.


    Estas rosquillas son muy famosas porque las encontramos en todas las fiestas.  Desde que yo era pequeña recuerdo ir a las fiestas y comerlas y, como siempre, sabían a poco porque el paquete se acaba rápidamente.  Eso mismo pasó en mi casa, a pesar de cocinar también los recortes de la masa.  Incluso parece increíble que hayan sido cocinadas en casa y no en la pastelería.   
  • 2 láminas de hojaldre ya estirado
  • Mantequilla
  • Azúcar
  • Agua
  • Miel
    Por supuesto, no me compliqué demasiado.  El hojaldre lo compré en el supermercado.  Me limité a desempaquetarlo y dejarlo descongelar.  Puse en la encimera de la cocina una hoja y derretí un poco de mantequilla en el microondas y con un pincel la extendí encima para así poder "pegar" la otra lámina de masa de hojaldre.   
    Con un vaso fui haciendo rosquillas y con un tapón fui sacando la masa para hacer el agujero del medio.  Las coloqué en una fuente con papel de horno y las metí en el horno ya caliente a 220º hasta que crecieron y cogieron color dorado.  Hice lo mismo con todos los recortes que quedaron de la masa que ya sabéis que no se puede tirar nada.

   
    Mientras las rosquillas crecían en el horno, en un cazo puse al fuego la misma cantidad de agua, azúcar y miel para hacer el almíbar con el que bañé las rosquillas cuando salieron del horno.  Después también las pasé por azúcar y las dejé listas para comer.

    Como todas las entradas del blog esta también está dedicada a mis hijas, pero tengo que dedicársela especialmente a una pequeña pero "gran" seguidora que seguro que será una buena cocinera dentro de poco tiempo.  Seguro que queda asombrada con esta receta, pero tengo que aclararle que lo único que hago es buscar y experimentar en mi cocina que pronto va a parecer un laboratorio de química.
   

jueves, 7 de marzo de 2013

MARMELADA DE LARANXA


    MERMELADA DE NARANJA

    Xa sabedes:  non sempre temos os mesmos ánimos para cociñar.  Basta que non teñamos humor para que todo saia ao revés.  Incluso hai que darse un tempo para experimentar cousas novas ou repetir aquelas que nos deixaron bo sabor de boca.
    Para bo sabor de boca o que me deixou unha boa marmelada que probei non hai moito tempo.  Unha compañeira trouxo unha marmelada caseira que me gustou moito e me animou a intentalo na miña casa:  será por falta de laranxas!
  • 750 g. de laranxa xa pelada
  • 1/2 limón
  • 400 g. de azucre
    Deume un pouquiño de traballo, pero o resultado é moi bo.  Na miña casa din que será un bo xarope para curar os arrefriados.
    En primeiro lugar seleccionei tres laranxas.  Laveinas, sequeinas e despois, con moito coidado peleinas cun pelapatacas tratando de coller, na medida do posible, a menor cantidade de pel branca.

    Despois pasei esa pel pola picadora ata que quedou case relada.

    Dediqueime despois a pelar laranxas cun coitelo de forma que a pel branca incorporada fora tamén a menor posible.  Tamén pasei a laranxa pola picadora cousa que tamén fixen co medio limón despois de pelalo gallo a gallo.
    Cocemos todo xunto co azucre ata que colle consistencia de marmelada e despois envasamos que así teremos un bo xarope ou unha boa sobremesa.



    Ya sabéis:  no tenemos siempre los mismos ánimos para cocinar.  Basta que no tengamos humor para que todo salga al revés.  Incluso hay que darse un tiempo para experimentar cosas nuevas o repetir aquellas que nos dejaron buen sabor de boca.
 
    Para buen sabor de boca el que me dejó una buena mermelada que probé no hace mucho tiempo.  Una compañera trajo una mermelada casera que me gustó mucho y me animó a intentarlo en mi casa:  ¡será por falta de naranjas!


  • 750 g. de naranja ya pelada
  • 1/2 limón
  • 400 g. de azúcar

    Me dio un poco de trabajo, pero el resultado es muy bueno.  En mi casa dicen que será un buen jarabe para curar los resfriados. 

   
    En primer lugar seleccioné tres naranjas.  Las lavé, sequé y después, con mucho cuidado las pelé con un pelapatatas tratando de coger, en la medida de lo posible, la menor cantidad de piel blanca.



    Después pasé esa piel por la picadora hasta que quedó totalmente rallada.



    Me dediqué después a pelar naranjas con un cuchillo de forma que la piel blanca incorporada fuera también la menor posible.  También pasé la naranja por la picadora como también hice con el medio limón después de pelarlo gajo a gajo.


    Cocemos todo junto con el azúcar hasta que coge consistencia de mermelada y después envasamos que así tendremos un buen jarabe o un buen postre.