jueves, 31 de octubre de 2013

CHULAS DE CABAZA (sen ovo)

    BUÑUELOS DE CALABAZA (sin huevo)


    En galego as chulas corresponden cos "buñuelos" en castelán, pero para min esta tradución non é moi acertada.  As chulas sempre as asociei a unha masa fritida máis plana que os "buñuelos" que para min teñen unha aparencia máis inchada.



    Xa teño no meu blog unha receita de chulas, pero estas son moi diferentes por esa aparencia que vos acabo de comentar.  Teredes que probar as dúas e notaredes as diferenzas.

    Para chegar a esta receita estiven buscando moitas e ao final como sempre sucede fixen o que me pareceu, experimentei e saíu o que sigue:

  • 175 gr de cabaza xa cocida
  • 75 gr de fariña
  • Un chisco de sal
  • 1 cullerada de azucre
  • 100 ml de auga morna
  • 100 ml de nata líquida
  • 15 gr de fermento de panadería
  • Aceite de xirasol para fritir
  • Azucre e canela para cubrir


    Téñovos que dicir que o máis difícil desta receita foi sacar as fotos.  Se me despisto un pouco queimo as chulas porque telas na tixola e enfocar a cámara non é nada doado.  Vamos, que me faltaban mans.

    Para empezar temos que preparar a cabaza.  Eu tiña este traballo xa feito e non tiven máis que sacala do conxelador.  De non ser así temos que cocela poñendo moi pouquiña auga na tarteira (o suficiente para cubrir o fondo) e despois deixarémola escorrer para que perda parte da auga.



    Quentamos a auga un pouquiño ( que tempere) e disolvemos nela o fermento.  Esperamos uns minutos e engadimos a fariña, a cabaza, o sal, o azucre e a nata.  Conseguiremos unha masa bastante branda, pero non líquida.  Deixamos que levede un pouquiño e preparamos a tixola.


    Para facer as chulas e fritilas despois empreguei unha manga pasteleira.  Xa vos podedes imaxinar porque necesitaba máis mans.  Despois de fritas temos que deixalas enriba de papel de cociña para que absorba o exceso de aceite.  Pasámolas despois por unha prato onde teremos unha mestura de azucre con canela e xa estarán listas para comer.



    En gallego las "chulas" corresponden a los buñuelos en castellano, pero para mí esta traducción no es muy acertada.  Las "chulas" siempre las asocié a una masa frita más plana que los buñuelos que para mí tienen una apariencia más hinchada.


    Ya tengo en mi blog una receta de chulas, pero estas son muy diferentes por esa apariencia que os acabo de comentar.  Tendréis que probar las dos y notaréis las diferencias.

    Para llegar a esta receta estuve buscando muchas y al final,  como siempre sucede hice lo que me pareció, experimenté y salió lo que sigue:

  • 175 gr de calabaza ya cocida
  • 75 gr de harina
  • Una pizca de sal
  • 1 cucharada de azúcar
  • 100 ml de agua templada
  • 100 ml de nata líquida
  • 15 gr de levadura de panadería
  • Aceite de girasol para freír
  • Azúcar y canela para cubrir


    Os tengo que decir que lo más difícil de esta receta fue sacar las fotos.  Si me despisto un poco quemo los buñuelos porque tenerlos en la sartén y enfocar la cámara no es nada fácil.  Vamos, que me faltaban manos.
    

    Para empezar tenemos que preparar la calabaza.  Yo ya tenía este trabajo hecho y sólo tuve que sacarla del congelador.  Si no es así tenemos que cocerla poniendo muy poca agua en la tartera (lo suficiente para cubrir el fondo) y después la dejaremos escurrir para que pierda parte del agua.
    

    Calentamos el agua un poco (que temple) y disolvemos en ella la levadura.  Esperamos unos minutos y añadimos la harina, la calabaza, la sal, el azúcar y la nata.  Conseguiremos una masa bastante blanda, pero no líquida.  Dejamos que leude un poco y preparamos la sartén.


    Para hacer los buñuelos y freírlos después usé una manga pastelera.  Ya os podéis imaginar porque necesitaba más manos.  Después de fritos tenemos que dejarlos encima de papel de cocina para que absorba el exceso de aceite.  Los pasamos después por un plato donde tendremos una mezcla de azúcar con canela y ya estarán listos para comer.



    

No hay comentarios:

Publicar un comentario