martes, 8 de julio de 2014

EMPANADA DE XAMÓN E QUEIXO

    EMPANADA DE JAMÓN Y QUESO


    Receita máis fácil que esta vai ser difícil de atopar.  Aínda así vouna escribir e publicar:  xa sabedes que o obxectivo do meu blog é deixarlles a "herdanza" ás miñas fillas e hanme agradecer poder recorrer a estas receitas de cando en vez.

    Só precisamos:
  • 2 láminas de follado
  • Xamón york
  • Queixo
  • Un chisco de leite


    Para complicarme aínda menos o follado compreino do fresco que xa ven estirado e ten forma rectangular.  Como xa ven envolto en papel, foi ese mesmo o que empreguei para poñer na fonte do forno.  

    Por tanto:  unha lámina de follado, unha capa de xamón york, unha capa de queixo ( o meu era do fundido en láminas), outra capa de xamón york, outra capa de queixo e tapamos coa segunda lámina de follado.  



    Hai que ter a precaución de non arrimar o xamón york e o queixo ao borde e deixar máis ou menos un centímetro de marxe.  Ese centímetro humedecino con auga antes de poñer a segunda lámina de follado para axudar a que pegaran e cerrei as masas como se fora unha empanada común.  Pintei a superficie con leite e pinchei varias veces cun garfo para que non subira demasiado.


    Ao forno a 200º ata que estea dourada ( 20 ou 30 minutos dependendo do forno).

    Va a ser difícil encontrar una receta más fácil que ésta.  Aún así la voy a escribir y publicar:  ya sabéis que el objetivo de mi blog es dejarles la "herencia" a mis hijas y me agradecerán poder recurrir a estas recetas de vez en cuando.

    Sólo necesitamos:
  • 2 láminas de hojaldre
  • Jamón york
  • Queso
  • Un poco de leche


    Para complicarme menos todavía, el hojaldre lo compré del fresco que ya viene estirado y tiene forma rectangular.  Como ya viene envuelto en papel, fue ese mismo el que usé para poner en la fuente del horno.

    Por tanto:  una lámina de hojaldre, una capa de jamón york, una capa de queso ( el mío era fundido en láminas), otra capa de jamón york, otra capa de queso y tapamos con la segunda lámina de hojaldre.


    Hay que tener la precaución de no arrimar el jamón york y el queso al borde y dejar más o menos un centímetro de margen.  Ese centímetro lo humedecí con agua antes de poner la segunda lámina de hojaldre para ayudar a que se pegaran y cerré las masas con si fuera una empanada común.  Pinté la superficie con leche y la pinché varias veces  con un tenedor para que no subiera demasiado.

    Al horno a 200º  hasta que esté dorada (20 o 30 minutos dependiendo del horno).


No hay comentarios:

Publicar un comentario