sábado, 29 de noviembre de 2014

PEITUGA DE PAVO RECHEA

    PECHUGA DE PAVO RELLENA


    Case sempre cociño polas noites:  é o que ten traballar fóra da casa.  E este prato  é bastante cómodo para cociñar e para quentar despois; non sae caro e na miña casa gusta moito, que máis podo pedir?

  • 1 peituga de pavo
  • Xamón York
  • Queixo
  • Rebandas de touciño entrefebrado
  • 1 cullerada de adobo



    Como primeiro paso toca abrir a peituga, cara a un lado e despois cara ao outro como se de un libro se tratara, deixándoa estendida.





    Untámola co adobo e poñemos as rebandas de xamón York e as de queixo.  Eu empreguei queixo de fundir (pola alerxia), pero tamén nos serviría queixo curado ou mesmo queixo en crema dependendo dos gustos de cada un.



    É o momento de pechar a peituga para volver a tela na forma orixinal, só que agora avultará un pouco máis polo recheo.

    Envolvémola coas rebandas de touciño entrefebrado  e despois no papel vexetal, apertándoa un pouco para que manteña a forma.  Metémola no forno quente a 180º durante unha media hora.  Pasado este tempo desenvolvémola e deixámola sen papel vexetal para que se vaia tostando o touciño.




    Cando estea dourada sacámola do forno e deixámola temperar para cortala en rebandas.


    Podemos acompañala con patacas, pasta ou arroz.  Mesmo podemos facerlle unha salsa de pementos.





    Casi siempre cocino por las noches:  es lo que tiene trabajar fuera de casa.  Y este plato es bastante cómodo para cocinas y para calentar despois; no sale caro y en mi casa gusta mucho, ¿qué más puedo pedir?

  • 1 pechuga de pavo
  • Jamón York
  • Queso
  • Rebanadas de bacon
  • 1 cucharada de adobo


    
    Como primer paso toca abrir la pechuga, hacia un lado y después hacia el otro como si de un libro se tratara, dejándola extendida.
    


    La untamos con el adobo y ponemos las rebanadas de jamón York y las de queso.  Utilicé queso de fundir (por la alergia), pero también nos serviría queso curado o incluso queso en crema dependiendo de los gustos de cada uno.




   Es el momento de cerrar la pechuga para volver a tenerla en la forma original, que ahora abultará un poco más por el relleno.

    La envolvemos con las rebanadas de bacon y después en el papel vegetal, apretándola un poco para que mantenga la forma.  La metemos en el horno caliente a 180º durante una media hora.  Pasado este tiempo la desenvolvemos y sacamos el papel vegetal para que se vaya tostando el bacon.




    Una vez dorado el bacon, la sacamos del horno y la dejamos templar para cortarla en rebanadas.


    Podemos acompañarla con patatas, pasta o arroz.  Incluso podemos hacerle una salsa de pimientos.
   


SALSA DE PEMENTOS

    SALSA DE PIMIENTOS

    Salsa moi rápida e con pouco traballo que nos servirá para acompañar carnes asadas ou ao forno principalmente.


  • Aceite de oliva
  • 1 dente de allo
  • Unha lata pequena de pemento morrón
  • Nata para cociñar


    Nun chisco de aceite douramos o allo ben picado.  Cando empeza a coller cor engadimos o pemento morrón e tamén o líquido que trae na lata.  Deixamos que cociñe un pouco.  Incorporamos agora un pouco de nata, retiramos do lume e batemos.  Se queda moi espesa engadimos máis nata ata que teña a consistencia desexada.

    Persoalmente non me gusta que teña tanto sabor a allo.  A próxima ver fareina sen el.  Bo proveito.



    Salsa muy rápida y con poco trabajo que nos servirá para acompañar carnes asadas o al horno principalmente.


  • Aceite de oliva
  • 1 diente de ajo
  • Una lata pequeña de pimiento morrón
  • Nata para cocinar


    En un chorrito de aceite doramos el ajo bien picado.  Cuando empieza a coger color añadimos el pimiento morrón y también el líquido que trae la lata.  Dejamos que se cocine un poco.  Incorporamos ahora un poco de nata, retiramos del fuego y batimos.  Si queda muy espesa añadimos más nata hasta que tenga la consistencia deseada.
     
    Personalmente no me gusta que tenga tanto sabor a ajo.  La próxima vez la haré sin él.  Buen provecho.



   

lunes, 24 de noviembre de 2014

MARMELADA DE GRANADA E MAZÁ

    MERMELADA DE GRANADA Y MANZANA


    Cada vez que conto que teño unha milgrandeira na miña horta a xente queda estrañada.  A verdade é que parece non ter moita relación dita árbore con Galicia, pero a granada é unha froita moi estendida sendo España o maior produtor e exportador.

    Iso si:  con tanta chuvia as miñas granadas acaban rebentando e abrindo.


    Pero imos ao noso:  teño granadas e teño que aproveitalas.  Así que, despois de moito cavilar e buscar, decidín facer esta marmelada baseándome nunha receita que atopei nas redes:

  • 650 gr de grans de granada
  • 400 gr de mazá (pesada xa en anacos)
  • Zume dun limón
  • 300 ml de viño tinto
  • 650 gr de azucre
  • Un chisco de canela


    O máis difícil foi separar os grans da granada.  Na rede hai moitas páxinas que explican como facelo, como abrir a granada á metade e golpeala pola parte exterior tendo a precaución de poñer un prato debaixo para recoller os grans.  O certo é que este traballo require paciencia e coidado recollendo os grans libres da pel do interior da granada que é amarga e podería estragar o sabor da nosa marmelada.

    É agora cando pesamos a granada e reservámola.  Picamos a mazá, sen pelar, pesámola e engadímoslla á granada.  Botamos o azucre, o viño, o zume de limón e o chisco de canela.  Se nos gusta a canela podemos botarlle un pouco máis, pero para o meu gusto é suficiente, entendendo como chisco a cantidade que podemos coller entre o polgar e o índice.

     Poñémola mestura ao lume e ao ferver baixamos un pouco a intensidade.  Cociñamos uns 40 minutos máis removendo de cando en vez.  Despois batémola e pasámola por un "chino".  As pebidas da granada quedan intactas e separadas.  Podemos poñela outra vez ó lume para que espese un pouco máis e despois envasámola.

    Unha das veces que fixen esta marmelada andaba un pouco apurada e metín a granada coa mazá e o azucre na neveira.  O día seguinte engadín o resto dos ingredientes (un pouco menos de viño) e o resultado foi algo semellante ao doce de marmelo.  Ao arrefriar quedou moi espesa.  É outra opción moi válida.



Fonte:  Juego de sabores

    Cada vez que cuento que tengo un granado en mi huerta la gente se extraña.  Es verdad que no parece tener mucha relación ese árbol con Galicia, pero la granada es una fruta muy extendida siendo España e mayor productor y exportador.

    Eso sí:  con tanta lluvia mis granadas acaban reventando y abriendo.



    Pero vamos a lo nuestro:  tengo granadas y tengo que aprovecharlas.  Así que, después de mucho cavilar y buscar, decidí hacer esta mermelada basándome en una receta que encontré en la red:

  • 650 gr de granos de granada
  • 400 gr de manzana (pesada ya en trozos)
  • Zumo de un limón
  • 300 ml de vino tinto
  • 650 gr de azúcar
  • Una pizca de canela



    Lo más difícil fue separar los granos de la granada.  En la red hay muchas páginas que explican cómo hacerlo, cómo abrir la granada a la mitad y golpearla por la parte exterior teniendo la precaución de poner un plato debajo para recoger los granos.  Lo cierto es que este trabajo requiere paciencia y cuidado recogiendo los granos libres de la piel del interior de la granada que es amarga y podría estropear el sabor de nuestra mermelada.
   
    Es ahora cuando pesamos la granada y la reservamos.  Picamos la manzana, sin pelar, la pesamos y se la añadimos a la granada.  Echamos el azúcar, el vino, el zumo de limón y una pizca de canela.  Si nos gusta la canela podemos echarle un poco más, pero para mi gusto es suficiente, entendiendo como pizca la cantidad que podemos coger entre el pulgar y el índice.

   Ponemos la mezcla al fuego y cuando hierva bajamos un poco la intensidad.  Cocinamos unos 40 minutos más removiendo de vez en cuando.  Después la batimos y la pasamos por un "chino".  Las pepitas de granada quedan intactas y separadas.  Podemos ponerla otra vez al fuego para que espese un poco más y después la envasamos.

     Una de la veces que hice esta mermelada estaba un poco apurada y metí la granada con la manzana y el azúcar en la nevera.  Al día siguiente añadí el resto de los ingredientes (un poco menos de vino) y el resultado fue algo semejante al dulce de membrillo.  Al enfriar quedó muy espesa.  Es otra opción muy válida.
    

Fuente:  Juego de sabores

miércoles, 12 de noviembre de 2014

GALLETAS DE XENXIBRE

    GALLETAS DE JENGIBRE

    Aviso para navegantes:  estas galletas non serven para todos os gustos.  Realmente padais coma o meu, tan sensible ó sal e ao picante, non as soportan.  E, por que as fago?  Porque na variedade está o gusto e hai a quen lle parecen deliciosas.  Por se sodes da mesma opinión aquí queda a receita.


  • 100 gr de azucre moreno
  • 75 gr de mel
  • 200 gr de manteiga
  • 30 ml de leite
  • 400 gr de fariña e unha pouca máis
  • 1 culleradiña de noz moscada
  • 1 culleradiña de xenxibre
  • 1 culleradiña de pementa negra
  • 2 culleradiñas de canela


    A manteiga ten que estar branda, así que non esquezades sacala do frigorífico con tempo.  Batémola xunto co azucre e as distintas especias.

    Engadimos o mel e o leite e seguimos batendo.

    Pouco a pouco incorporamos a fariña e xa imos amasando.  Igual precisamos un pouco máis de fariña ata que a masa non se pegue ao amasala.  Estirámola e facemos as galletas coas distintas formas.

    Metemos no forno a 180º uns 15 minutos e deixámolas arrefriar nunha rella.

    Polvoriñamos despois con azucre en po.

    Estas galletas duraron máis que calquera outras.  Xa sabedes:  son para padais especiais.  Tamén poderiamos dicir que os padais especiais non poden comelas.



    Aviso para navegantes:  estas galletas no sirven para todos los gustos.  Realmente paladares como el mío, tan sensible a la sal y al picante, no las soportan.  Y, ¿ por qué las hago?  Porque en la variedad está el gusto y hay a quien le parecen deliciosas.  Por si sois de la misma opinión aquí queda la receta.


  • 100 gr de azúcar moreno
  • 75 gr de miel
  • 200 gr de mantequilla
  • 30 ml de leche
  • 400 gr de harina y una poca más.
  • 1 cucharadita de nuez moscada
  • 1 cucharadita de jengibre
  • 1 cucharadita de pimienta negra
  • 2 cucharaditas de canela


    La mantequilla tiene que estar blanda, así que no olvidéis sacarla del frigorífico con tiempo.  La batimos junto con el azúcar y las distintas especies.
    
    Añadimos la miel y la leche y seguimos batiendo.

    Poco a poco incorporamos la harina y ya vamos amasando.  Igual necesitamos un poco más de harina hasta que la masa no se pegue al amasarla.  La estiramos y hacemos las galletas con las distintas formas.

    Las horneamos a 180º unos 15 minutos y las dejamos enfriar en una rejilla.
    
    Las espolvoreamos después con azúcar en polvo.

    Estas galletas duraron más que cualquier otras.   Ya sabéis:  son para paladares especiales.  También podríamos decir que los paladares especiales no pueden comerlas.

   

domingo, 2 de noviembre de 2014

TORTITAS AMERICANAS (sen ovo)

    TORTITAS AMERICANAS (sin huevo)


    De cando en vez tamén apetece ter un almorzo especial, erguerse tarde da cama e almorzar con calma gozando do sábado e da familia.  E para acompañar a cunca de leite, o zume ou os dous á vez aquí vos deixo unhas "tortitas" desas que aparecen a miúdo nas series americanas;  seguro que os voso fillos deseguida as relacionan.


    Esta vez atopei a receita, tal e como a poño, nun blog dunha nai cun fillo alérxico ao ovo tamén.  Ás veces pode ser un consolo atoparse con alguén que comparte os mesmos problemas  aos que tamén lle busca solución ou remedio.

  • 300 gr de fariña
  • 150 gr de azucre
  • 1 sobre doble de gasificante ou 2 culleradiñas de fermento químico
  • 450 ml de leite
  • 30 gr de manteiga derretida
  • Un chisco de sal
  • 1 culleradiña de esencia de vainilla
    
    Nun recipiente amplo e fondo botade os ingredientes secos:  fariña, azucre, fermento e sal.  Engadir o leite e remover.  Eu usei o batedor porque me quedaban moitos grumos.

    Incorporamos a manteiga derretida e a esencia de vainilla e volvemos bater.

    Deixamos que a masa repouse un pouco.

    Poñemos a tixola a quecer cun pouco de manteiga.  Botamos cun cullerón un pouco de masa e esperamos que forme burbullas.  Entón será o momento de darlle a volta para que se faga polo outro lado.


    Coas cantidades desta receita saen bastantes "tortitas".  Podedes probar a facer a metade da receita.

    É mellor tomalas quentes e acompañadas con marmelada, caramelo, nata, sirope,...

    Na nosa casa triunfaron con sirope de chocolate, pero tamén houbo alguén que se atreveu a tomalas con xeado de limón caseiro e o contraste resultou un acerto.  Bo almorzo.



    De vez en cuando también apetece tener un desayuno especial, levantarse tarde de la cama y desayunar con calma disfrutando del sábado y de la familia.  Y para acompañar la taza de leche, el zumo o los dos a la vez aquí dejo unas tortitas de esas que aparecen a menudo en las series americanas; seguro que vuestros hijos las relacionan enseguida.



    Esta vez encontré la receta tal y como la pongo, en un blog de una madre con un hijo alérgico al huevo también.  A veces puede ser un consuelo encontrarse con alguien que comparte los mismos problemas a los que también le busca solución o remedio.

  • 300 gr de harina
  • 150 gr de azúcar
  • 1 sobre doble de gasificante o 2 cucharaditas de levadura química
  • 450 ml de leche
  • 30 gr de mantequilla derretida
  • Una pizca de sal
  • 1 cucharadita de esencia de vainilla
    
    En un recipiente amplio y hondo echad los ingredientes secos:  harina, azúcar, levadura y sal.  Añadir la leche y remover.  Yo usé la batidora porque me quedaban muchos grumos.
    
    Incorporamos la mantequilla derretida y la esencia de vainilla y volvemos a batir.
   
    Dejamos que la masa repose un poco.

    Ponemos la sarén a calentar con un poco de mantequilla.  Echamos con un cucharón un poco de masa y esperamos a que se formen burbujas.  Entonces será el momento de darle la vuelta para que se haga por el otro lado.


    Con las cantidades de esta receta salen bastantes tortitas.  Podéis probar a  hacer la mitad de la receta.

    Es mejor tomarlas calientes y acompañadas con mermelada, caramelo, nata, sirope,...
   
    En nuestra casa triunfaron con sirope de chocolate, pero también hubo alguien que se atrevió a tomarlas con helado de limón casero y el contraste resultó un acierto.  Buen desayuno.