sábado, 20 de junio de 2015

CABACIÑA REBOZADA

    CALABACÍN REBOZADO

    Hoxe traio unha receita con ovo, cousa que non fago case nunca;  escapo deste tipo de receitas polo "estrés" que me produce meter ovo na cociña.  Aproveito que teño á miña filla de campamento e podo airear a casa e lavar todo antes de que volva.

    É un prato deses que me traslada á miña infancia.  Non sei de onde saíu a receita, eu aprendina da miña nai.  E non pensedes que é un aperitivo:  trátase dunha sobremesa.

Cabaciña
Fariña
Ovos
Azucre
Aceite de xirasol


    As cantidades irán en función do tamaño da cabaciña.  Podedes precisar máis ou menos ovos e fariña.  Eu precisei dous e parte doutro.


    En primeiro lugar hai que pelar a cabaciña e despois cortala en toros o máis delgados posible.  Poñemos a tixola ó lume, pasamos os toros por fariña e ovo batido e fritímolos.  Deixámolos nun papel de cociña para eliminar o exceso de aceite e polvoriñámolos con azucre.  Bo proveito.



    Hoy traigo una receta con huevo, cosa que no hago casi nunca; escapo de este tipo de recetas por el "estrés" que me produce meter huevo en la cocina.  Aprovecho que tengo a mi hija de campamento y puedo airear la casa y lavar todo antes de que vuelva.

    Es un plato de esos que me traslada a la infancia.  No sé de dónde salió la receta, yo la aprendí de mi madre.  Y no penséis que es un aperitivo:  se trata de un postre.
    
Calabacín
Harina
Huevos
Azúcar
Aceite de girasol


    Las cantidades irán en función del tamaño del calabacín.  Podéis necesitar más o menos huevos y harina.  A mi me hicieron falta dos huevos y parte de otro.
    

    En primer lugar hay que pelar el calabacín y después cortarlo en rodajas lo más delgadas posible.  Ponemos la sartén al fuego, pasamos las rodajas por harina y huevo batido y las freímos.  Las dejamos sobre un papel de cocina para eliminar el exceso de aceite y las espolvoreamos con azúcar.  Buen provecho.



  

No hay comentarios:

Publicar un comentario